
Rematada a promoción, queremos agradecer a todos os participantes por ser parte e elexir futuro. Seguide atent@s, volveremos con máis novidades!
Consumir alimentos ecolóxicos certificados ten premio!
O premio de saborear un alimento saudable, nutritivo, cultivado con dedicación, feito no seu debido tempo, libre de pesticidas e modificacións xenéticas, producido coidando a biodiversidade, o chan, o aire, a auga...
E celebrámolo sorteando entre todas as persoas que compartades a vosa opinión ou experiencia cos alimentos ecolóxicos centos de camisetas e láminas ilustradas por Lidia Cao, Sokram e Cestola na Cachola, POR FESTEXAR E PARA SEGUIR, alimentando o futuro.

As Ilustracións
Lidia Cao
Nada en Santiago de Compostela en 1997, é unha ilustradora e muralista galega residente en Ordes. É Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña e en 2016 comezou co muralismo a través de varios obradoiros. A súa obra destaca polas figuras femininas fortes, con miradas que falan de empoderamento e independencia.
Descubre máis da súa obraCestola na Cachola
Defínense como unha cooperativa de traballo asociado, sen ánimo de lucro, que se move principalmente nos eidos da pintura e a divulgación dunha economía ao servizo das persoas. Realizan ilustracións, cadros e reproduccións, murais, deseños, formación relacionada coa economía social e solidaria e dinamización participativa e acompañamento. Foi creada no 2013 por Raquel Doallo, Xoana Almar e Miguel Peralta.
Descubre máis da súa obraSokram
Natural de Ordes (A Coruña) é parte de Mutante Creativo, onde desenvolve o seu traballo de deseño gráfico, arte mural, ilustración, audiovisual, creación musical… Xunto con Mou, é un grande impulsor da escena da arte urbana galega, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas en Ordes e o Rexenera Fest en Carballo, entre outros.
Descubre máis da súa obra
Experiencias Eco
- 1 Febreiro 2023
Vigo
Ricardo
Por agora todo produto eco que teño probado ten sido unha boa experiencia, obviando o feito a maiores de saber que a súa obtención ten sido máis responsable o que supón unha alegría e fai que sinta mellor a consumición
Read more - 1 Febreiro 20231 Febreiro 2023
Ortigueira
Quique
Son labrego ecolóxico e vendo as miñas verduras no meu posto do mercado de Ortigueira. Encantame o feito de que as verduras sexan mercadas a moi poucos km de onde medraron
Read more - 30 Xaneiro 202330 Xaneiro 2023
Vigo
Nuria
Hai xa moito que busco os productos eco e de proximidade para poder, non só, ofrecer unha alimentación saudable a miña familia, senon tamén para apoiar a todas aquelas empresas que loitan por manter a calidade e a sostibilidade. Temos que sumar esforzos polo ben do planeta.
Read more - 30 Xaneiro 2023
Milladoiro
Isa
Encantanme os productos Eco e sobre todo os producidos en cercanía, as infus de Orballo, as marineras, productos de cercanía mercados a productores locais...
Read more30 Xaneiro 2023Santiago de Compostela
Coral
Cando compras por primera vez produtos ecolóxicos é unha experiencia moi diferente. Eu lembro entrar na tenda e fixarme nunha primera diferencia moi curiosa: as froitas e hortalizas eran moito máis “feas”, aparentemente. Non se semellaban en nada as do supermercado, eran máis pequenas, de formas máis irregulares, con máis imperfeccións… +
Read more - 30 Xaneiro 2023
Madrid
Irene
Cada vez intento introducir más productos ecológicos en mis hábitos de consumo porque soy consciente del beneficio que aportan a mi salud, al entorno local y al planeta en general
Read more - 30 Xaneiro 2023
Girona
Javi
Consumir alimentos ecolóxicos certificados e a forma de asegurarte que o que comes é da máxima calidade posible,que vai nutrir o teu corpo e mente estando libre de agrotóxicos.E unha forma tamén de cuidar a terra e apoiar os guardians da madre natura.É apoiar a vida en definitiva e a xente consciente que da amor a terra.
Read more - 30 Xaneiro 2023
Neda
Álvaro
Unha das primeiras foi probando unha mostra de xabón que comprei nunha feira ecolóxica, gustoume tanto a experiencia que dende aquela intento usar os produtos máis sostibles que atopo! :)
Read more30 Xaneiro 2023 - 30 Xaneiro 2023
VALDOVIÑO
Cristina
Somos o que comemos, por iso non podemos alimentarnos con nada mellor que con alimentos ecolóxicos certificados. Por suposto, da Nosa terriña.
Read more30 Xaneiro 2023Ferrol
Laura
O primeiro producto que probeí (sendo consciente delo) foi un xeado de mandarina de "The Bio Factory" que collín nun To good to go e estaba boísimo e como que o sabor é moito máis real. E dende aquela vez intento comprar todo ecolóxico coma os champús sólidos, os iogures....
Read more - 30 Xaneiro 2023
Porriño
Ana
Considero, o consumo de alimentos ecolóxicos, imprescindible para a nosa saúde e a do noso planeta.
Read more30 Xaneiro 2023Bueu
Esteban
Mercolles a Horta O'Devalo. Garantía de productos sen químicos. Boa calidade e variedade
Read more - 30 Xaneiro 2023
Bilbao
Ziortza
Unos vecinos que tienen huerta venden sus propios productos, cada semana te llega al wasap una lista de los productos, los que elijas te los envían en una cesta. Desde productos de huerto verduras legumbres... hasta pan casero. Te facilita el plan de comida semanal
Read more30 Xaneiro 2023Pontevedra
María
Pasei algúnha fin de semán na Horta O Devalo coa parella que a traballa aprendendo a xestión dos cultivos,como evitan o uso de químicos e pesticidas combatindo as pragas naturalmente, sementando e apañando de todo,e valorando o sabor dos produtos naturais de verdade. Sempre lles merco a eles ou a hortaleiros/as cos mesmos valores cívicos e ambientais.
Read more - 30 Xaneiro 2023
Silleda
Román
Os produtos ecolóxicos que consumo destacan polo seu sabor, porque alimentan de verdade é porque están producidos por xente que respeta a natureza e ás persoas.
Read more - 30 Xaneiro 2023
Santiago
Mercedes
Intento mercar a través de grupos de consumo, directamente a persoas productoras.
Read more - 29 Xaneiro 2023
Santiago de Compostela
Ruth
Os alimentos ecolóxicos son moi habituais pero o prezo cada vez e máis alto o que fai que sexa menos asequible
Read more - 27 Xaneiro 2023
Mesia
Cristina
A miña andaina cos productos eco comezou traballando en Casa Grande de Xanceda, e dende ahi non puiden parar.
Read more - 27 Xaneiro 2023
Lugo
Andrés
Cada vez que merco, e polo tanto consumo, algún alimento coa distinción do Craega, sínteste en sintonía cos produtores ecolóxico cos produtores que aman a súa terra e a súa forma de traballar. É unha especie de contrato social cos produtores sabendo que xogas na casa e cos siareiros animando a favor. Un gusto.
Read more27 Xaneiro 2023Ordes
Nerea
Sinto que cada vez é máis sinxelo atopar alimentos ecolóxicos, que teñan o selo de certificación fai que os merque con maior seguridade.
Read more - 27 Xaneiro 202327 Xaneiro 2023
A CORUÑA
Daniel
Ainda que vivamos na cidade, sabemos o importante que é alimentarse ben, e con productos frescos e de proximidade, para respetar o entorno e dar vida o rural. Polo tanto, se teño oportunidade de consumir productos con este selo de calidade, non o dubido.
Read more - 27 Xaneiro 2023
Cangas del Morrazo
Estefanía
Utilizo productos de higiene y cosmética ecológicos, y también producida de limpieza para el hogar. Siempre que compro ropa o algún complemento intento poner conciencia en su procedencia
Read more27 Xaneiro 2023Vigo
Avelina
Cómo eco desde sempre: miña nai tiña unha horta e agora compro todo eco no mercado do Progeso que ten unha tenda moi ben surtida
Read more - 27 Xaneiro 2023
- 27 Xaneiro 2023
Santiago de Compostela
Maria
O último produto que comprei foi mel cruda, e dende agora teño unha nova necesidade na vida! Que ricos son os productos que trasmiten máis alá do sabor, hai tanto amor neste tipo de producción ecoloxica!
Read more27 Xaneiro 2023Vigo
Patricia
Siempre compro alguna cousiña cuando vamos a compra, sobre todo, leite, galletas, tostas,careais ect. Sentanme moito mellor.
Read more - 27 Xaneiro 202327 Xaneiro 2023
Santiago de Compostela
Laura
Comecei a preocuparme mais polos productos eco desde que son nai. A alimentación dos nosos fillos e clave para a sua saude e para construir un mellor futuro.
Read more - 26 Xaneiro 2023
As Pontes
Natalia
Toda experiencia eco es bien recibida para nosotros y para nuestro querido planeta. Gracias por aportar vuestro granito de arena.
Read more26 Xaneiro 2023Zaragoza
Álvaro
Comprar este tipo de productos siempre me gusta, sobre todo porque según que alimentos saludables solo se encuentran siendo ecológicos, por lo que de esta forma gano 2 veces.
Read more - 26 Xaneiro 2023
Santiago de Compostela
Xurxo
Rematei un curso de 4 meses de agricultura ecológica, esta primavera toca poñerse sacho en man
Read more26 Xaneiro 2023A Pobra do Caramiñal
Iria
Somos o que comemos, e xa fai uns cuantos anos que comecei a tomar conciencia de que canto máis saludable comemos, máis saludables nos atopamos. Ademais do menor impacto ambiental que supón consumir eco e de proximidade. Dende que fun nai doulle aínda se cabe maior importancia a cada alimento que entra na nosa casa, asique o que non producimos nós (seica un dos grandes xestos revolucionarios é crear a túa propia comida) tentamos que teña orixe bio e/ou local. Longa vida ó eco!
Read more - 26 Xaneiro 2023
Palas de Rei
Lois
Son produtor ecolóxico, e tamén consumidor de produtos producidos deste xeito.
Read more26 Xaneiro 2023Lugo
Rocío
O mundo Eco veu a min, non eu a él, teño que recoñecelo; e quedouse por conciencia, por respeto e compromiso co futuro e porque nel atopei innovación, sabor, proxectos con alma, máis persoas e menos máquinas, identidade, carácter e nin rastro de compostos perxudiciais para nós e para o medio.
Read more - 25 Xaneiro 202325 Xaneiro 2023
A Pobra do Caramiñal
Rosa Margarita
Procuro comprar verdura y fruta de comercio local ó cercanía,aparte de mirar bien las etiquetas aunque no conocía el sello de Carga lo tendré presente. Somos ló que comemos.
Read more - 25 Xaneiro 2023
- 25 Xaneiro 202325 Xaneiro 2023
Santa uxia de Ribeira
Manuela
Consumo productos ecológicos sempre q podo i están o meu alcance, considero q e bo tanto para niña Saude como pra sustentabilidad do medio ambiente
Read more - 25 Xaneiro 2023
A Pobra do Caramiñal
Xenxo
A sabor e calidade dos alimentos ecolóxicos certificados é unha garantía na compra, moita variedade de productos desta rica terra
Read more25 Xaneiro 2023Bertamiráns
Luis
Encántame a iniciativa de Sen Máis de elaborar leite ecolóxico sen lactosa. Parabéns!!!
Read more - 25 Xaneiro 2023
Boiro
Ana
Produtos Arqueixal, iogur e leite fresca deliciosos cun produtivo proxecto inspirador de vida no rural e de turismo ecosostible.
Read more25 Xaneiro 2023Lalín
Adriana
Ademais da tranquilidade e confianza que me da consumir produtos ecolóxicos certificados, é indiscutible a diferenza no sabor, olor, color e mesmo textura con respeto a produtos non ecolóxicos. É fácil identificar cales son os alimentos que están certificados e diferencialos dos que non o están
Read more - 24 Xaneiro 2023
Lugo
Pablo
Habitualmente compro todas as semanas alimentos ecolóxicos certificados para toda a familia, iogures, leite, froita, son mais saudables grazas a forma de cultivo da agricultura de forma mais natural sen químicas etc.
Read more - 24 Xaneiro 2023
Lugo
José Antonio
procuro conseguir productos ecoloxicos para o consumo diario, aínda que non é doado.
Read more24 Xaneiro 2023Marín
Gabriela
Ademáis de ser o mellor para a nosa saúde ,os productos ecolóxicos axudan a fixar poboación no rural.
Read more - 24 Xaneiro 2023
Mesía - A Coruña
Isabel
Somos do rural e asentamos no rural apostando polo noso, polo de sempre. Sí, somos gandeiros galegos comprometidos co medio ambiente e queremos un entorno limpo, menos contaminado e respetar o noso ben máis preciado: a natureza. Por iso, tivémolo claro, a nosa gandaría é ecolóxica.
Read more19 Xaneiro 2023Ourense
Lucía
Eu estou encantada cas galletas mariñeiras da Veiga, entre outros produtos ecolóxicos e da Terra. Penso que é un sistema respectuoso co medio o cal repercute de forma positiva na sociedade.
Read more - 19 Xaneiro 202319 Xaneiro 2023
A Coruña
Sergio
Coido de mercar sempre productos naturáis BIO/Ecolóxicos certificados coma o mel ou verduras e froita xa que calidade e sabor son superiores.
Read more - 19 Xaneiro 2023
Salceda de Caselas
Marcos
Eu elixo o viño ecolóxico da adega Corisca (concello de Tui). A transformación dun negocio familiar nun modelo de vida e na procura dun produto de calidade e saudable.
Read more16 Xaneiro 2023Lourenzá (Lugo)
María Carmen
Me encantan los productos ecológicos con certificación geográfica protegida. Son productos de gran calidad en los que no se emplean pesticidas ni herbicidas químicos, además tienes la garantía de autenticidad. +
Read more - 12 Xaneiro 202312 Xaneiro 2023
A Coruña
Roxana
Cada vez consumimos más productos "Eco" certificados. Inmejorable calidad y sobre todo sin pesticidas. La salud de mi familia no tiene precio.
Read more - 11 Xaneiro 2023
Lugo
Francisco
Un dos produtos no que máis apreciase o sabor é no leite de produción ecolóxica, imprescindíbel na miña casa. O selo do Craega é o símbolo da excelência. Tamén nos produtos da horta certificados hai moita diferenza, sobre todo os tomates!
Read more11 Xaneiro 2023Vigo
Rocio
Os productos realmente ecológicos tienen un sabor distinto. Pero as veces sintome enganada por mercar productos como ecológicos e descubrir que non o son
Read more - 10 Xaneiro 2023
Cangas
Jazmín
Estoy aumentando o meu consumo destes alimentos ricos en nutrintes axudando na mellor conservación do noso entorno, sen modificacións xenéticas.
Read more - 9 Xaneiro 2023
A Coruña
Gus
Se queremos ter unha vida mais saudable e contribuir a conservar o medioambiente, consumir alimentos ecolóxicos certificados é unha das mellores cousas que podemos facer.
Read more - 9 Xaneiro 2023
Pontevedra
María Teresa
Todo ten mais sabor,no seis como como explicalo sabe a cando eras pequeño coma sabían antes o queixo os iogues
Read more9 Xaneiro 2023Valdoviño
Carlos
consumo o 90% dos produtos en ecolóxico tanto en alimentación como en *drogueria e priorizo nos de Galicia. Hai moi boa xente emprendedora en Galicia que están a facer as cousas moi ben e temos que apoialos
Read more - 9 Xaneiro 2023
A Coruña
Ana
La calidad de los productos, el sabor, el olor es mucho mejor en comparación con los no ecológicos.
Read more - 5 Xaneiro 2023
Vilagarcía de Arousa
Gabriel
Dende fai uns meses veño mercando iogures da Casa Grande de Xanceda que son ecolóxicos e están certificados e a verdade e que na casa nos gustan moito, teñen un sabor distinto os demáis. Agora consumimos máis alimentos ecolóxicos non só polo seu sabor, senon tamén porque entendemos que é unha formar de axudar ó desenvolvemento de outras técnicas de gandeiría ou agricultura mais respetuosas co medio.
Read more - 5 Xaneiro 2023
Vigo
Alba
Unha certificación do ecolóxico e especialmente necesaria na alimentación, onde tantas veces se ten xogado coa verdade, retorcendoa e escondendoa a favor do márketing, do branding, do placement e moitos outros anglicismos. Porque é moi sinxelo ter 'ingredientes naturais' (ou veganos), igual que é sinxelo esconder o seu orixe ou os procedementos de obtención (que moitas veces non son tan naturais e veganos). +
Read more4 Xaneiro 2023A Coruña
José
Intento consumir alimentos eco siempre que puedo, pero se debería reforzar el concepto de que son mucho más que un alimento local.
Read more - 4 Xaneiro 2023
A Coruña
Pablo
A calidade tanto nutritiva, de sabor e incluso visual é moi superior comparado con productos de produccións extensivas.
Read more4 Xaneiro 2023O Porriño
Sandra
Comer alimentos ecolóxicos significa frear o consumo excesivo de auga, enerxía e produtos químicos como fertilizantes e pesticidas. Isto contribúe ao fomento da biodiversidade, a eficiencia enerxética e a agricultura sostible, non só ecolóxica, senón tamén económica.
Read more - 3 Xaneiro 2023
Lugo
José Manuel
Los alimentos eco son ricos y saludables, y son el futuro de la agricultura sostenible
Read more - 3 Xaneiro 20233 Xaneiro 2023
Coruña
Patricia
Un pouco por parte de todos fai un moito. A nosa cesta da compra pode ser o mellor medicamento para a nosa saude e a do planeta no que vivimos. Os productos ecoloxicos son a mellor opción para o futuro
Read more - 2 Xaneiro 2023
Silleda
María José
As infusións Orballo extraordinarias. Levo tempo tomándoas e non sabería dicir cal me gusta mais.
Read more - 2 Xaneiro 2023
O Carballiño
Adolfo
Os iogures e kefir loureiro, son moi sanos e aptos para todas as persoas, xa que teñen moi pouco azucre e sal.
Read more - 27 Decembro 2022
Ourense
Concha
Os productos ecolóxicos de Galicia son de primeira calidade e nunca fallan, os que levo probado, que son bastantes, son moi bos.
Read more - 26 Decembro 2022
Foz
Mª Remedios
Para min os mellores, por saúde, por calidade e por o futuro do noso planeta.
Read more26 Decembro 2022A Guarda
Luís Alberto
Eu son consumidor de productos ecolóxicos co selo do CRAEGA como fariña de castaña, iogures, castañas... Ah, tamén teño os meus propios cultivos ecolóxicos ( sen selo do CRAEGA) para consumo da nosa familia: kiwis, castañas, mazás, feixoas, laranxas e mandarinas en fincas da nosa propiedade no Rosal e na Guarda.
Read more - 23 Decembro 2022
Oviedo
Esther
Tengo un huerto eco de 150m2 y estoy aplicando tecnicas compatibles con la agricultura ecologica para combatir plagas.
Read more - 22 Decembro 2022
Lugo
Mónica
Compro produtos ecolóxicos porque tods gañamos con eles: protexen o medio ambiente, axudan a fixar poboación no rural, garantizan o benestar animal, aumentan o grado de biodiversidade...
Read more22 Decembro 2022Meira
Ermitas
Moito traballo detrás de cada produto que sae ó mercado. Para as familias numerosas supón un luxo poder encher o carro con estes produtos.
Read more - 22 Decembro 2022
Lugo
José Ángel
Teño máis de 17 anos de relación no Craega como operador de vacún de carne, e tamén como consumidor de productos ecolóxicos. Recordo que nos primeiros anos eramos poucos e con produccións mui limitadas, tiñamos moitas carencias en servicios de piensos , matadoiros e productos nos supermercados, para consumo. +
Read more - 21 Decembro 2022
Pontevedra
David
Inversión sobre productores directos eliminando costes de intermediación e producción máis axustada ó consumo rebaixando o desperdicio
Read more21 Decembro 2022Cuntis
Silvia
Encantame saber que un producto esta certificado polo craega porque é saber que é calidade.
Read more - 21 Decembro 2022
Lugo
Marta
Non entendo o consumo se non é ecolóxico. Os actos de consumo son os que nos definen, e dentro dunha coherencia solidaria e respectuosa co medio ambiente, non concibo outro tipo de alimentación.
Read more - 20 Decembro 2022
Silleda
R. Luís
Os produtos ecos son saúde, respeto polo medio, respeto polas persoas e posta en valor do territorio e aposta pola sostenibilidade.
Read more - 20 Decembro 2022
O Vicedo
Carlos
E o disfrute de productos seguros e saudabeis, coa calidade de que so teñen o que a natureza lles deu, sin quimicos nin pesticidas, para coidar a nosa saude e a da nosa terra.
Read more20 Decembro 2022Viana do Bolo
JOSE LUIS
É urxente e necesario que fagades unha proposta de suministrar alimentos ecoloxicos nas escolas. Quen os necesita máis que os nenos?. E unha proposta lóxica e responsable nunha sociedade con algo de ética respecto ó consumo e a saúde.
Read more - 20 Decembro 202220 Decembro 2022
A Coruña
Beatriz
Comprar Alimentos eco y gallegos es apostar por el futuro del rural y contribuir a mantener nuestros paisajes y nuestra gente.
Read more - 20 Decembro 2022
A Coruña
Iria
Nacín e crieime en Monforte. Sempre comín da horta da casa e carne da casa. Ainda que o sigo a facer, cando vou o super sempre escollo alimentos eco en determinadas cousas, pois e moi grande a diferenza xa so no sabor. Vou a verduras de proximidade e tenreira galega certificada.
Read more - 20 Decembro 2022
O Saviñao
Beatriz
Gústame moito os productos ecolóxicos. Intento compralos ainda que sexan caros
Read more20 Decembro 2022Ribadeo
Jesús
Cultivo cogumelos en ecoloxico sendo unha canle que axuda a sua distribución xerando maís confianza.
Read more - 20 Decembro 2022
O Grove
Lorena
As algas ecolóxicas a parte de estar boísimas, ofrecen moitas posibilidades culinarias. Deberían poder certificarse mais produtos da pesca como ecolóxicos.
Read more20 Decembro 2022Guitiriz
Eva
Todo o ecolóxico ten máis sabor. Recupéranse os sabores perdidos ademais de cuidar a saúde.
Read more - 20 Decembro 2022
Girona
Ángeles
Buenos para la salud, para el medio ambiente, para las economías locales, para la biodiversidad, para nuestros paisajes, para nuestras formas de vida, y etc... y para salvaguardar un vida próspera en este planeta ¿se puede pedir más?
Read more20 Decembro 2022Coruña
Bego
me encantan los productos ecológicos por su sabor natural, y saber que es más sano
Read more - 20 Decembro 2022
Naron
Noemi
Son moi fan dos productos eco, creo que é voltar a os orixes dos productos. Encantame que a leite sepa a leite, ao igual que os iogures. As galletas igual. É un valor engadido sen dúbida, de calidade e de orixe
Read more - 20 Decembro 202220 Decembro 2022
Coruña
Alicia
Busco tódolos produtos ecolóxicos de cercanía da Galicia na miña compra habitual. Por responsabilidade social e respeto aos produtores da nosa terra.
Read more - 20 Decembro 2022
Vigo
JUAN
Os alimentos ecoloxicos certificados estan chamados a ter un futuro prometedor, en concreto o sector lacteo en ecoloxico debe manterse e incluso medrar, asi o indica a union Europea a través da finaciacion dos ecoesquemas.
Read more20 Decembro 2022Gondomar
Xocas
Estou encanto de poder ser membro dunha gran Familia de productores ecolóxicos Galegos Desexo que as sementes de concienciación que sementanos no 2022 sermolen no 2023.
Read more - 20 Decembro 2022
Cangas
SAN
Productos saudábeis sen comparación en sabor ós convencionais. Como feitos e sementados na casa!
Read more20 Decembro 2022 - 20 Decembro 2022
Vigo
Patricia
Sempre procuro mercar proctos ecolóxicos, esto da garantía de que o producto é máis saudable para a nosa saúde e para a do planeta, é moi importante que cada vez haxa máis demanda se queremos facer un mundo sostenible.
Read more20 Decembro 2022Sanxenxo
Sonia
Son alimentos de calidade e creo que o seu consumo forma parte do meu compromiso coa sostibilidade.
Read more - 19 Decembro 2022
Villaviciosa
Ulises
Los consumo porque son los alimentos que me aseguran unos sistemas productivos respetuosos con el medio ambiente y no estar comiendo alimentos con restos de sustancias químicas. Son un poco más caros, pero buscando comprarle directamente a los productores esa diferencia se reduce y la puedo asumir mejor.
Read more - 19 Decembro 2022
Monforte de Lemos
Capitán Planeta
Os alimentos Eco son os que me dan forza para ser un heroe por que a contaminación é o que me doe
Read more - 19 Decembro 2022
Lugo
Sofía
A cesta da compra na nosa casa é mayoritariamente en ecolóxico. Para nós a alimentación é moi importante.
Read more - 15 Decembro 202215 Decembro 2022
- 15 Decembro 2022
Monforte de Lemos
David
Intento comprarme todo o que podo ecolóxico. Todo ten un gusto diferente. Incluso teño ahora unha hortiña a cal non lle boto mais que auga e o abono que fago EU cas sobras da comida.
Read more - 15 Decembro 2022
Monforte de Lemos
María Asunción
consumo algunos productos como miel y algunos embutidos. Son de calidad pero también algo caros.
Read more15 Decembro 2022SISTINDOMATO
SOFIA
En xeral, cada vez atopo maior variedade de produto ecolóxico envasado. Non ocorre así co produto fresco, a maior parte das cousas que merco son por encarga.
Read more - 15 Decembro 2022
Saviñao
Antía
Son os millores alimentos para ter una boa saúde persoal e ambiental, o problema é que son difíciles de atopar se queres comprar directamente o productor. Debería haber máis difusión da xente que mantén vivo o noso rural.
Read more - 15 Decembro 2022
Monforte de Lemos
Susana
Consumo alimentos ecolóxicos habitualmente e hai moita diferencia de calidade con respecto aos produtos convencionais
Read more
Por qué elexir alimentos ecolóxicos certificados?
Por calidade
Porque as sementes non son modificadas xenéticamente e os alimentos son producidos en condicións saudables para as persoas, os animais e as prantas, respectando os ciclos de crecemento para conservar o seu sabor natural, as súas propiedades organolépticas e conseguir o maior valor nutritivo posible.
Por saúde
Porque só se utilizan ingredientes ecoloxicos e aditivos de orixe natural, respectando o equilibrio interno do noso corpo e previndo que os elementos químico-sintéticos de síntese podan interferir nas nosas hormonas.
Por sostenibilidade
Porque a produción de alimentos ecolóxicos axuda a preservar a biodiversidade e a mitigar o cambio climático, xa que son alimentos “limpos” nos que non se utilizan antibióticos, tratamentos hormonais, herbicidas, fertilizantes químicos, nin fitosanitarios que contaminen a terra, a auga e o aire.
Por garantia
Porque son producidos baixo regulacións agroecolóxicas e son verificados por unha entidade independente. En Galicia, o Craega é o organismo responsable de realizar as inspeccións, tomar mostras de control en cada fase da produción e outorgar a certificación.
Sabes identificar os alimentos ecolóxicos certificados?
Para recoñecer os alimentos ecolóxicos, orgánicos ou bío (os tres termos significan o mesmo), temos que fixarnos na etiqueta.
A etiquetaxe do produto ten que ser visible no envase e conter as seguintes referencias.
Exemplo


O logotipo ecolóxico europeo

O selo Craega
O lugar de procedencia dos ingredientes
"Agricultura UE" cando as materias primas son da Unión Europea.
"Agricultura non UE" cando os ingredientes son de terceiros países.
"Agricultura UE/non UE" cando a procedencia é mixta
Exemplo

