BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN NA PROMOCIÓN

1. ENTIDADE ORGANIZADORA DO SORTEO

O CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA“, (en diante “CRAEGA”), con domicilio en Ronda Mª Emilia Casas Baamonde,  s/n  (Edificio Multiusos) 27400 · Monforte de Lemos · Lugo, con enderezo electrónico craega@craega.es e teléfono 982 405 300 pon en marcha os sorteos “O Valor das nosas Raíces 2023” (en adiante os SORTEOS) incentivando a participación co fin de promover a campaña Alimenta o Futuro e a marca CRAEGA. 

A xestión do SORTEO realizaraa Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas, SAU, con domicilio na rúa Durán Loriga, 2, 2º, 15003 A Coruña, e con enderezo electrónico hola@reclam.es, previo consentimento por escrito de CRAEGA e asinado por ambas as dúas partes.

2. DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

O SORTEOS iniciaraNse ás 12.00 horas do día 04/09/2023 e finalizará ás 12.00 horas do día 29/09/2023. Neste prazo celebraranse un total de 19 sorteos diarios, a saber. 

SORTEO 1. Das 12.00 h do 04/09/2023 ás 11.59 h do 05/09/23. 

SORTEO 2. Das 12.00 h do 05/09/2023 ás 11.59 h do 06/09/23. 

SORTEO 3. Das 12.00 h do 06/09/2023 ás 11.59 h do 07/09/23. 

SORTEO 4. Das 12.00 h do 07/09/2023 ás 11.59 h do 08/09/23. 

SORTEO 5. Das 12.00 h do 08/09/2023 ás 11.59 h do 11/09/23. 

SORTEO 6. Das 12.00 h do 11/09/2023 ás 11.59 h do 12/09/23. 

SORTEO 7. Das 12.00 h do 12/09/2023 ás 11.59 h do 13/09/23. 

SORTEO 8. Das 12.00 h do 13/09/2023 ás 11.59 h do 14/09/23. 

SORTEO 9. Das 12.00 h do 14/09/2023 ás 11.59 h do 15/09/23. 

SORTEO 10. Das 12.00 h do 15/09/2023 ás 11.59 h do 18/09/23. 

SORTEO 11. Das 12.00 h do 18/09/2023 ás 11.59 h do 19/09/23. 

SORTEO 12. Das 12.00 h do 19/09/2023 ás 11.59 h do 20/09/23. 

SORTEO 13. Das 12.00 h do 20/09/2023 ás 11.59 h do 21/09/23. 

SORTEO 14. Das 12.00 h do 21/09/2023 ás 11.59 h do 22/09/23. 

SORTEO 15. Das 12.00 h do 22/09/2023 ás 11.59 h do 25/09/23. 

SORTEO 16. Das 12.00 h do 25/09/2023 ás 11.59 h do 26/09/23. 

SORTEO 17. Das 12.00 h do 26/09/2023 ás 11.59 h do 27/09/23. 

SORTEO 18. Das 12.00 h do 27/09/2023 ás 11.59 h do 28/09/23. 

SORTEO 19. Das 12.00 h do 28/09/2023 ás 11.59 h do 29/09/23. 

3. REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO SORTEOS

  • Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade residentes en España. 
  • Os datos que acheguen as persoas participantes deben ser veraces. 
  • As persoas participantes poden participar no SORTEO as veces que o desexen sempre mencionando perfís diferentes.  

O SORTEO ten a seguinte mecánica:

  1. Seguir a @craegagalicia.
  2. Darlle a Gústame á publicación do sorteo.
  3. Mencionar/etiquetar o perfil dunha amizade coa que compartirías algún dos alimentos ecolóxicos certificados por CRAEGA.

4. CONDICIÓNS DO SORTEOS E PREMIOS 

A selección das persoas gañadoras levarase a cabo mediante un sorteo simple a través da APP de Easypromos. Haberá un único sorteo que proporcionará 1 persoa gañadora e 10 suplentes. 

Aquelas participacións que se fagan baixo as condicións explicadas na epígrafe anterior serán incluídas na APP de Easypromos.

As persoas participantes no SORTEO poden facer uso das redes sociais para difundir o SORTEO e incentivar a participación. 

A organización do SORTEO resérvase o dereito de eliminar calquera participante se detecta algunha actividade sospeitosa de ser ilícita ou se a persoa gañadora do sorteo non cumpre os criterios marcados nas presentes bases. 

No caso de producirse isto, o a primeira persoa participante suplente determinada polo sorteo ascenderá á posición de gañador.

De non existir participantes nin entre o gañador nin os suplentes que cumpran as condicións requiridas por estas bases a organización do sorteo resérvase o dereito de declarar o sorteo deserto. 

Premios e comunicación ás persoas gañadoras

En cada sorteo o premio será unha camisetas ou unha lámina de Lidia Cao, Cestola na Cachola e Sokram. 

O resultado do SORTEO seralle comunicado á persoa gañadora a través da plataforma Easypromos e mediante o enlace nos diferentes medios dixitais de CRAEGA, nomeadamente Instagram. A organización do sorteo tamén se poñerá en contacto coa persoa gañadora a través da plataforma de mensaxería privada de Instagram para confirmar a aceptación do premio, que se deberá realizar nun prazo máximo de 24 horas a partir da notificación. Para isto, deberá responder no sistema de mensaxería privada de Instagram e acreditar que cumpre cos requerimentos de maioría de idade e residencia. 

Se non hai resposta no prazo estipulado, pasarase a seleccionar outro usuario suplente. 

CRAEGA non se fai responsable de non poder contactar coa persoa gañadora e, por conseguinte, que non se lle poida outorgar o premio. 

5. LIMITACIÓNS

De evidenciarse que calquera das persoas participantes non cumpre os requirimentos esixidos nestas bases ou os datos proporcionados para participar non son válidos, a súa participación considerarase nula e quedará automaticamente excluída do SORTEO, perdendo todo o dereito sobre os premios outorgados en virtude deste SORTEO. 

Non poderán participar nos SORTEOS as seguintes persoas: 

  1. Traballadores/as por conta allea ou empregados en calquera das entidades con personalidade xurídica vinculadas CRAEGA.
  2. Calquera outra persoa física que participase directa ou indirectamente na organización dos SORTEOS ou que se involucrase directa ou indirectamente na súa preparación ou desenvolvemento (axencia, provedores, etc.).

Os premios entregados non son transferibles nin susceptibles de cambios, alteracións ou compensación a petición das persoas participantes e non poderán trocarse por calquera outro produto ou diñeiro. 

CRAEGA resérvase o dereito, se concorre xusta causa tras a comunicación previa en forma legal, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar os SORTEOS.

Correrá a conta e cargo da persoa gañadora calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidese suporlle, así como calquera outro gasto derivado da promoción que non estea expresamente asumido por CRAEGA nas presentes bases. 

Establécese un prazo de 7 días hábiles desde a data da concesión do premio para efectuar calquera reclamación motivada. CRAEGA resérvase, no caso de obrigada necesidade, o dereito de substituír os premios por outros de características similares.

6. PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios nin opinións cuxo contido se considere desaxeitado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. CRAEGA non se responsabilizará dos danos ocasionados polos comentarios que fagan as persoas participantes dos SORTEOS e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutras persoas.

7. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, CRAEGA non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento dos presentes SORTEOS, así como tampouco se responsabiliza do uso que faga a persoa participante ao respecto do premio que obteña destes SORTEOS; tampouco asume ningunha responsabilidade por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puidesen sufrir as persoas participantes, a persoa gañadora ou terceiros. 

CRAEGA non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización dos SORTEOS ou do goce total ou parcial do premio. No caso de que estes SORTEOS non puidesen realizarse, ben por fraudes detectados, erros técnicos ou calquera outro motivo que non estea baixo o control de CRAEGA e que lle afecte ao normal desenvolvemento dos SORTEOS, esta Dirección Xeral resérvase o dereito a cancelala, modificala ou suspendela, incluíndo a páxina web de participación.

8. FACEBOOK/INSTAGRAM 

Os presentes SORTEOS non está patrocinado, avalado, administrado nin asociado de ningún modo a Instagram/Facebook polo que as persoas participantes liberan a Facebook de toda responsabilidade polos eventuais danos que se puideren derivar.

9. PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A entidade responsable do tratamento dos seus datos é Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas, SAU, con domicilio na rúa Durán Loriga, 2 2º, 15003 A Coruña.

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á libre circulación destes datos, cada participante, coa aceptación destas bases legais, consente que os datos persoais facilitados para a participación neste SORTEO sexan incorporados nun ficheiro titularidade de Reclam para tramitar a participación no SORTEO e para comunicarlle o premio á persoa gañadora. 

Informámolo/a de que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades.

  1. Control do correcto funcionamento do SORTEO. 
  2. Comunicación da/s persoa/s gañadora/s no caso de ser necesario.

As persoas participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Reclam calquera modificación. Reclam resérvase o dereito a excluír do presente SORTEO a toda persoa participante que facilitase datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de protección de datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, sen que se poida responsabilizar CRAEGA de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas. 

As persoas participantes teñen dereito a:

  1. acceder aos seus datos persoais;
  2. solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, de ser o caso, solicitar a súa supresión;
  3. solicitar a limitación do tratamento dos seus datos;
  4. opoñerse ao tratamento do seus datos;
  5. solicitar a súa portabilidade. 

As persoas participantes poden exercer todos estes dereitos no seguinte enderezo de correo electrónico dpo@reclam.es, no que deberán indicar o motivo da súa petición. 

As persoas participantes poden tamén enviar a súa petición por correo ordinario ao seguinte enderezo: Rúa Durán Loriga, 2, 2º, 15003 A Coruña.

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, a persoa participante terá dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar de suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.

A autoridade de control ante a que se presentara na reclamación informará a persoa reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación. 

Para máis información, pódese consultar a política de privacidade de CRAEGA a través da seguinte ligazón: https://alimentaofuturo.gal/aviso-legal

10. CAMBIOS

CRAEGA resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos das persoas participantes nos SORTEOS.

11. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese propor en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os xulgados e tribunais da cidade da Coruña.