SORTEOS
CONCURSO FOTOGRÁFICO
O VALOR DAS NOSAS RAÍCES
Gozas no teu día a día de produtos ecolóxicos certificados co selo de CRAEGA?
Amósanolo e gaña un aloxamento para 2 persoas (2 noites), almorzo con produtos ecolóxicos e acceso a un obradoiro de queixo con visita guiada á explotación na granxa Arqueixal (Palas de Rei, na comarca da Ulloa).
PARTICIPA NO NOSO
🏆 CONCURSO-SORTEO 🏆 FOTOGRÁFICO 📸
#O VALOR DAS NOSAS RAÍCES!
✔️ Para participar sigue estes pasos:
▶️ Rexístrate mediante o formulario: https://pr.easypromosapp.com/p/965191
📷 Sube a foto coa que participas e cóntanos brevemente o que aparece nela.
⚠️ IMPORTANTE ⚠️
o selo de CRAEGA debe ser visible na fotografía.
A persoa gañadora será elixida mediante sorteo!
🗓 Podes concursar ata as 23.59h do 28-09-2023!
SORTEOS DIARIOS
Participa nos nosos sorteos diarios durante todo mes de setembro e poderás conseguir camisetas e láminas ilustradas polas artistas Lidia Cao, Cestola na Cachola e Sokram.
As Ilustracións
POR QUE ELIXIR ALIMENTOS ECO CERTIFICADOS?
Calidade
As sementes non son modificadas xeneticamente e os alimentos son producidos en condicións saudables para as persoas, os animais e as plantas. Tamén se respectan os ciclos de crecemento para conservar o seu sabor natural e as súas propiedades organolépticas para acadar o maior valor nutritivo posible.
Saúde
Só se utilizan ingredientes ecolóxicos e aditivos de orixe natural que respectan o equilibrio interno do noso corpo e preveñen que os elementos químico-sintéticos de síntese poidan interferir nas nosas hormonas.
Sostibilidade
A produción de alimentos ecolóxicos axuda a preservar a biodiversidade e a mitigar o cambio climático. Son alimentos “limpos” nos que non se empregan antibióticos, tratamentos hormonais, herbicidas, fertilizantes químicos nin fitosanitarios. Todos eles contaminarían a terra, a auga e o aire.
Garantia
Os alimentos eco son producidos baixo regulacións agroecolóxicas e verificados por unha entidade independente. En Galicia, Craega é o organismo responsable de realizar as inspeccións, tomar mostras de control en cada fase da produción e outorgar a certificación.
Sabes identificar os alimentos ecolóxicos certificados?
Para recoñecer os alimentos ecolóxicos, orgánicos ou bío (os tres termos significan o mesmo), temos que fixarnos na etiqueta.
A etiquetaxe do produto ten que ser visible no envase e conter as seguintes referencias.
Exemplo
O lugar de procedencia dos ingredientes
"Agricultura UE" cando as materias primas son da Unión Europea.
"Agricultura non UE" cando os ingredientes son de terceiros países.
"Agricultura UE/non UE" cando a procedencia é mixta
Exemplo