BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN NA PROMOCIÓN

1. ENTIDADE ORGANIZADORA DO CONCURSO

O CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA“, (en diante “CRAEGA”), con domicilio en Ronda Mª Emilia Casas Baamonde,  s/n  (Edificio Multiusos) 27400 · Monforte de Lemos · Lugo, con enderezo electrónico craega@craega.es e teléfono 982 405 300 pon en marcha concurso fotográfico “O Valor das nosas Raíces 2023” (en adiante os SORTEOS) incentivando a participación co fin de promover a campaña Alimenta o Futuro e a marca CRAEGA. 

A xestión do CONCURSO realizaraa Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas, SAU, con domicilio na rúa Durán Loriga, 2, 2º, 15003 A Coruña, e con enderezo electrónico hola@reclam.es, logo do consentimento por escrito de CRAEGA e asinado por ambas as dúas partes.

2. DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

O CONCURSO iniciarase ás 12.00 horas do día 05/09/2023 e finalizará ás 23.59 horas do día 28/09/2023. 

3. REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO CONCURSO

O CONCURSO ten a seguinte mecánica:

  • A persoa participante deberá premer na ligazón dispoñible para participar. A dita ligazón figurará na bio de Instagram de @craegagalicia durante o período do CONCURSO, no sitio web de alimentaofuturo.gal e nas publicacións promocionadas que fará CRAEGA nas súas redes sociais. 
  • O usuario deberá rexistrarse mediante o formulario.
  • A participación farase efectiva subindo unha fotografía ou un selfie (autofoto) na que se vexa algún produto ecolóxico certificado co selo CRAEGA. O obxectivo é visibilizar as vantaxes de saborear un alimento saudable, nutritivo, cultivado con dedicación, feito no seu debido tempo, libre de pesticidas e modificacións xenéticas, producido coidando a biodiversidade, o chan, o aire, a auga... A fotografía debe ir acompañada cun breve texto que explique o contido da imaxe e as sensacións que esperta na persoa autora. 

Requirimentos:

  • Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade residentes en España.
  • Os datos que acheguen as persoas participantes deben ser veraces. 
  • A persoa participante debe ser a creadora da obra orixinal e titular dos dereitos de autor. 
  • As persoas participantes poderán enviar ata cinco imaxes. Unha imaxe por participación. Se se considerase que algún participante superou esta restrición ao utilizar distintas contas ou por calquera outro medio, CRAEGA poderá denegar a súa participación no CONCURSO.
  • Na fotografía debe verse a etiqueta do CRAEGA no produto. 
  • Non se poderá ceder nin dispoñer de ningún dereito sobre as fotografías que puidese constituír un conflito co CONCURSO.
  • É responsabilidade da persoa participante asegurarse de que se obteñan todos os permisos necesarios de calquera persoa que apareza na fotografía.  
  • As persoas participantes no CONCURSO poden facer uso das redes sociais para difundir o CONCURSO e incentivar participación. 
  • Ao inscribirse no CONCURSO, as persoas participantes aceptan estar suxeitas a estas bases e regras. Calquera incumprimento das bases por un participante supoñerá a anulación da súa participación.

4. CONDICIÓNS DO CONCURSO E PREMIOS 

A selección das persoas gañadoras levarase a cabo a través de sorteo simple realizado mediante a aplicación de Easypromos ao longo do 29 de setembro de 2023, unha vez comprobada a validez das participacións. 

Aquelas participacións que se fagan baixo as condicións explicadas na epígrafe anterior serán incluídas na APP de Easypromos.

As persoas participantes no CONCURSO poden facer uso das redes sociais para difundir o CONCURSO e incentivar a participación. 

A organización do CONCURSO resérvase o dereito de eliminar calquera participante se detecta algunha actividade sospeitosa, se a participación amosa contido de incitación ao odio, violencia, delitos medioambientais, consumo de alcol e drogas ou sexo; de ser ilícita ou se a persoa gañadora do CONCURSO non cumpre os criterios marcados nas presentes bases. 

No caso de producirse isto, o primeiro participante suplente determinado polo CONCURSO ascenderá á posición de gañador.

Premios e comunicación ás persoas gañadoras

A persoa gañadora obterá como premio un aloxamento para 2 persoas (2 noites), almorzo con produtos ecolóxicos e acceso a un obradoiro de queixo con visita guiada á explotación na granxa Arqueixal (Palas de Rei, na comarca da Ulloa). 

*PREMIO a utilizar antes dun prazo de 6 meses a contar desde o 1 de outubro de 2023 (suxeito a dispoñibilidade). 

O resultado do CONCURSO seralles comunicado ás persoas gañadoras a través da plataforma Easypromos e mediante o enlace nos diferentes medios dixitais de CRAEGA, nomeadamente Instagram. A organización do CONCURSO tamén se poñerá en contacto coa persoa gañadora a través de correo electrónico para confirmar a aceptación do premio, que se deberá realizar nun prazo máximo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á notificación. Para isto, deberán responder ao correo e acreditar que cumpren cos requisitos anteriormente descritos. CRAEGA non se fai responsable de non poder contactar coa persoa gañadora e, por conseguinte, que non se lle poida outorgar o premio. 

5. LIMITACIÓNS

De evidenciarse que calquera das persoas participantes non cumpre os requirimentos esixidos nestas bases ou que os datos proporcionados para participar non son válidos, a súa participación considerarase nula e quedará automaticamente excluída do CONCURSO, perdendo todo o dereito sobre os premios outorgados en virtude deste CONCURSO. 

Non poderán participar no CONCURSO as seguintes persoas: 

  1. Persoas traballadoras por conta allea ou empregadas en calquera das entidades con personalidade xurídica vinculadas CRAEGA.
  2. Calquera outra persoa física que participase directa ou indirectamente na organización do CONCURSO ou que se involucrase directa ou indirectamente na súa preparación ou desenvolvemento (axencia, provedores, etc.).

Os premios entregados non son transferibles nin susceptibles de cambios, alteracións ou compensación a petición das persoas participantes e non poderán trocarse por calquera outro produto ou diñeiro. 

CRAEGA resérvase o dereito, se concorre xusta causa tras a comunicación previa en forma legal, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar o CONCURSO.

Correrá a conta e cargo da persoa gañadora calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidese suporlle, así como calquera outro gasto derivado da promoción que non estea expresamente asumido por CRAEGA nas presentes bases. 

Establécese un prazo de 7 días hábiles desde a data da concesión do premio para efectuar calquera reclamación motivada. CRAEGA resérvase, no caso de obrigada necesidade, o dereito de substituír os premios por outros de características similares.

6. PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios nin opinións cuxo contido se considere desaxeitado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. CRAEGA non se responsabilizará dos danos ocasionados polos comentarios que fagan as persoas participantes do CONCURSO e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutras persoas.

7. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, CRAEGA non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento do presente CONCURSO, así como tampouco se responsabiliza do uso que faga a persoa participante ao respecto do premio que obteña deste CONCURSO; tampouco asume ningunha responsabilidade por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puidesen sufrir as persoas participantes, a persoa gañadora ou terceiros. 

CRAEGA non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización do CONCURSO ou do goce total ou parcial do premio. No caso de que este CONCURSO non puidese realizarse, ben por fraudes detectados, erros técnicos ou calquera outro motivo que non estea baixo o control dCRAEGA e que lle afecte ao normal desenvolvemento do CONCURSO, esta Dirección Xeral resérvase o dereito a cancelala, modificala ou suspendela, incluída a páxina web de participación.

8. FACEBOOK/INSTAGRAM 

O presente CONCURSO non está patrocinado, avalado, administrado nin asociado de ningún modo a Instagram/Facebook polo que as persoas participantes liberan a Facebook de toda responsabilidade polos eventuais danos que se puideren derivar.

9. PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 11 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no seu Regulamento de desenvolvemento, cada participante coa aceptación destas bases legais consente que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro, do cal somos responsables, e utilizados para remitirlle Newsletters e comunicacións comerciais e promocionais relacionadas cos nosos servizos por teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de Acceso, Recticación, Cancelación e Oposición mediante o envío dun e-mail a craega@craega.es ou ben mediante carta dirixida á seguinte dirección: C.R.A.E.GA, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde,  s/n  (Edificio Multiusos) · 27400 · Monforte de Lemos, achegando en ambos os casos copia do DNI.

10. DEREITOS DE AUTOR E USO

- As persoas participantes seguen sendo titulares dos dereitos de autor das imaxes que presenten ao CONCURSO.

- Ao inscribirse no CONCURSO, as persoas participantes conceden CRAEGA unha licenza non exclusiva, libre de regalías e perpetua para reproducir, publicar e comunicar ao público por calquera medio e para exhibir a súa imaxe ou imaxes e copias da súa imaxe ou imaxes en calquera medio de comunicación de todo o mundo relacionado coa organización, que inclúe a súa inclusión na web alimentaofuturo.gal, redes sociais, exposicións, feiras, revistas e demais publicacións. A súa inclusión en materiais promocionais, de prensa e de marketing (como artigos de prensa e folletos) asociados CRAEGA.

- Calquera fotografía utilizada por CRAEGA, sempre que sexa posible, irá provista dunha liña de créditos (por exemplo, o nome do fotógrafo). Non poderá reclamarse como incumprimento o non poñer o devandito crédito, aínda que CRAEGA fará esforzos por corrixir a devandita omisión.

- CRAEGA resérvase o dereito de recortar as imaxes se fose necesario.

- Poderase contactar coas persoas participantes para negociar o uso da imaxe en elementos de merchandising con licenza (por exemplo, pósters, láminas).

- A persoa participante será responsable ante calquera reclamación realizada por un terceiro en relación coa imaxe presentada.

- As fotografías serán utilizadas por CRAEGA co obxectivo de promover o seu labor.

11. CAMBIOS

CRAEGA resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos das persoas participantes no CONCURSO.

12. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese propor en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os xulgados e tribunais da cidade da Coruña.