1. Organización da promoción

O C.R.A.E.GA. - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia con domicilio fiscal en Ronda Mª Emilia Casas Baamonde,  s/n  (Edificio Multiusos) · 27400 · Monforte de Lemos e N.I.F V27218643 organiza con fins promocionais o sorteo (en adiante, “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2. Data de inicio e data de finalización

A Promoción iniciaráse ás 14:00 horas do día 15 de decembro de 2022 e finalizará ás 23.59 horas do día 31 de xaneiro de 2023.

3. Requisitos de participación e mecánica da promoción

Sairán elexidos no periodo da Promoción e mediante sorteo 200 premiad@s cunha camiseta+lámina ilustrada polos ilustradores: Lidia Cao, Sokram e Cestola na Cachola entre os que cumplan os seguintes requisitos:

  • Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
  • A mecánica da Promoción consiste en deixar un comentario sobre os alimentos ecolóxicos certificados na propia páxina web da Promoción (alimentaofuturo.gal)
  • Os participantes só poderán participar unha vez na presente promoción.

4. Condiciones da promoción e premios

A elección dos gañadores efectuarase de maneira aleatoria mediante sorteo e comunicaráse de maneira privada mediante e-mail e de maneira pública nos perfís das redes sociais do C.R.A.E.GA., así como, na páxina web da Promoción.

O gañador terá que comunicar a aceptación do premio nos seguintes tres días, confirmándoo co C.R.A.E.GA. a través da conta de correo electrónico craega@alimentafuturo.gal e asegurar así a comunicación a efectos de acreditar a confirmación da identidade e o premio. No mail, o gañador tamén indicará un teléfono de contacto rápido e directo a través do que o C.R.A.E.GA. se poida comunicar para aclarar calquera continxencia relativa ao concurso.

5. Descualificacións e penalizacións

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.

6. Publicación de comentarios ou opinións

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

7. Exoneración de responsabilidade

A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción. Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

8. Protección de datos personales

De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 11 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no seu Regulamento de desenvolvemento, cada participante coa aceptación destas bases legais consente que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro, do cal somos responsables, e utilizados para remitirlle Newsletters e comunicacións comerciais e promocionais relacionadas cos nosos servizos por teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de Acceso, Recticación, Cancelación e Oposición mediante o envío dun e-mail a craega@craega.es ou ben mediante carta dirixida á seguinte dirección: C.R.A.E.GA, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde,  s/n  (Edificio Multiusos) · 27400 · Monforte de Lemos, achegando en ambos os casos copia do DNI.

9. Cambios

Reservámonos o dereito de modicar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

10. Lexislación aplicable e xurisdición

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Monforte de Lemos.